Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (133/2012).

Neste procedemento seguido por instancia de Baygar, S.L. contra José Antonio Torres Baqueiro ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 157/2012.

Pontevedra, 20 de novembro de 2012.

Resolvo:

Estimo a demanda formulada pola representación de Baygar, S.L. contra José Antonio Torres Baqueiro, como administrador da mercantil Aparejadores Instalaciones Centro, S.L., e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 4.030,23 euros cos xuros legais desde a interpelación xudicial.

Con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e lévese o orixinal ao libro correspondente, e o testemuño quedará unido aos autos.

Contra esta sentenza cabe interpor ante este mesmo xulgado, e para ante a Audiencia Provincial, recurso de apelación no prazo de vinte días.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da L.O. 1/2009, para o anuncio ou preparación do recurso de apelación será necesaria a consignación como depósito de 50 euros, que deberá ser ingresado na conta de consignación de depósitos aberta a nome deste xulgado na entidade Banesto, o que deberá ser acreditado, baixo apercibimento de inadmisión do recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza.

A xuíza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data en audiencia pública pola xuíza que a ditou, do cal eu, a secretaria, dou fe.

Ao estar o dito demandado, José Antonio Torres Baqueiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 22 de novembro de 2012

O secretario xudicial