Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54370

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3207/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3207/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 748/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Recorridos: Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janette López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L.

Avogado: Ángel Dacal Jardon

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza.

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 6 de novembro de 2017.

O anterior escrito presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón.

Conforme o solicitado déixase sen efecto a D. O. do 30.10.2017, tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Líbrese edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación desta resolución a Girejko Agnieszka, Marinho de Souza Cleice, Poledna Andrea, Lilian Rocío Pico Martínez e Janette López Pimentel.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

O/a letrado/a da Administración de xustiza»

Que no procedemento recurso suplicación 3207/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janette López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L., Cleice Marinho de Souza sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

E para que sirva de notificación en legal forma a Girejko Agnieszka, Marinho de Souza Cleice, Poledna Andrea, Lilian Rocío Pico Martínez e Janette López Pimentel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza