Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54362

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste consello consultivo.

Por Resolución do 21 de setembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 189, do 4 de outubro, anunciouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante neste consello que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, co artigo 13.I) do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, co artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta resolución, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Resolución do 21 de setembro de 2017 e á vista do contido do expediente tramitado a tal fin.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo praza efectuarase, de conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data na que debe cesar no seu actual destino a persoa funcionaria está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres (3) días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou no prazo de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da Presidencia do Consello Consultivo de Galicia poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte (20) días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicitase a persoa interesada por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Jose Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Baños Amado, Juan José.

NRP: 3266120868 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: Auxiliar da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a do/a secretario/a xeral.

Código do posto: CCG 036.

Nivel: 18.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.