Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 23 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2017/99-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Pet Select, S.A.

Enderezo social: Lg. da Baiúca, s/n, 15940 A Proba do Caramiñal.

Denominación: Proxecto: LMTS, CS e CT de 400 kVA, para subministración eléctrica a nave industrial.

Situación: Lg. da Baiúca, s/n, 15940 A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, con inicio e fin na liña de distribución PMR815, entre o CS 15CSX0 e o CT CZ69, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), Al, lonxitude 25 + 25 m.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores e unha de protección (24 kV, 400 A, 16 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña