Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de mantemento dos edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia, por tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 85/981 54 59 40 e información de índole administrativa: 981 54 45 17/981 95 73 49.

5º. Fax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

contratación.vicepresidencia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222216

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 26 de decembro de 2017, ata as 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2018-SEXU 01-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento dos edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: os indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce meses contados desde o día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si; por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 50000000-5: servizos de reparación e mantemento. 50700000-2: servizos de reparación e mantemento de equipos de edificios. 50800000-3: servizos varios de reparación e mantemento. 90920000-2: servizos de hixenización de instalacións. 90921000-9: servizos de desinfección e exterminio.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: no.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.383.408,46 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 946.407,96 €.

Importe total: 1.145.153,63 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 de decembro de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.30 horas o día 5 de xaneiro de 2018. O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura do resultado da avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza