Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 30 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 286/2017-IN).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 286/2017-IN, interposto por Juan José Asenjo Ballesteros, Luis Alberto Soto Lage, María Bellas García, Noemí Caaveiro Carballo, María López Núñez, María Tembras Maroño, María Jesús Romero Franco, Vanesa Romero Franco, Lucía Mouta Fernández, María Carmen Pena Ares, Paula Calvo Medina e Patricia Bellas Guerreiro, contra o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos