Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de novembro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes. Poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 16 de novembro de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Restaurante Elvira.

Titular: Elvira Abellás González.

Enderezo: Souto.

Concello: Amoeiro.

Establecemento: Restaurante San Xurxo.

Titular: Marcial Feijoo García.

Enderezo: estrada nacional Albarellos.

Concello: Monterrei.

Establecemento: Restaurante Casa Fermín.

Titular: Verónica Iglesias Herrera.

Enderezo: estrada nacional Albarellos.

Concello: Monterrei.

Establecemento: Cafetería Bamio.

Titular: Fitness Orense, S.L.

Enderezo: Finca Bamio-Mende.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Bamio.

Titular: Fitness Orense, S.L.

Enderezo: Finca Bamio-Mende.

Concello: Ourense.

Establecemento: Hotel Bamio.

Titular: Fitness Orense, S.L.

Enderezo: Finca Bamio-Mende.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Mesón Os Torgas.

Titular: Elena Iglesias Barata.

Enderezo: rúa Padre Feijoo, 4.

Concello: Castro Caldelas.

Establecemento: Cafe Bar Porta Norte.

Titular: Mª Dolores Rodríguez Prieto.

Enderezo: rúa Lepanto, 2.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Buda.

Titular: José Antonio Santana Clemente.

Enderezo: rúa Ervedelo, 53.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Metropol.

Titular: Mª Dolores Novoa Fernández.

Enderezo: rúa Ervedelo, 53.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Especial Caribe Mix.

Titular: Luis García Gulín.

Enderezo: Salceda-Albarellos.

Concello: Monterrei.

Establecemento: Café Bar Casa Fermín.

Titular: Verónica Iglesias Herrera.

Enderezo: estrada nacional Albarellos.

Concello: Monterrei.

Establecemento: Café Bar Cisne Azul.

Titular: Ana Paula Neris dos Santos.

Enderezo: Ribela-Albarellos, 149.

Concello: Monterrei.

Establecemento: Café Bar Pizzería Hamburguería Estrella, 1.

Titular: Nuria Barrio Rodríguez.

Enderezo: avenida Barco de Ávila, 5.

Concello: O Barco de Valdeorras.