Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 14 de novembro de 2017 pola que se notifica o requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2013/009, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación do requirimento de documentación correpondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2013/009 no último domicilio social coñecido da entidade Voga Desarrollo, S.L., notifícaselle por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

En aplicación do establecido no artigo 14 da Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, concédeselle á beneficiaria da subvención do proxecto IN525A-2013/009 un prazo de dez (10) días para presentar a documentación que se indica no citado requirimento. De non atender o dito requirimento, teranse por incumpridas as obrigas contidas na mencionada resolución no referente ao mantemento das actividades subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos, logo de resolución, que será ditada nos termos establecidos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A interesada, durante o dito prazo, poderase presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2013/009.

Nome ou razón social: Voga Desarrollo, S.L.

CIF/NIF: B70201983.

Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Contenido do acto administrativo: requirimento de documentación correpondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial.