Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de novembro de 2017 pola que se notifica resolución de finalización e arquivamento de actuacións do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-19-17-57.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase a Jesús Gómez Álvarez, denunciado no expediente que se cita, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, resolución de finalización do procedemento e de arquivamento de actuacións, emitida por este órgano instrutor o 20 de outubro de 2017, ao abeiro do artigo 89 da LPAC, por non ser posible a notificación no domicilio.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor e xefe da División Xurídica de Portos de Galicia