Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54359

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde da Estrada.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 21 de novembro de 2017, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde da Estrada.

– Actividade: a xestión das actuacións precisas para acometer a execución das obras de construción dun novo centro de saúde, estando a dirección da obra contratada no Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda ata o día 31 de xaneiro de 2020.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde