Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto denominado Reformado do modificado do parque eólico Pena Ventosa (expediente 078-EOL).

Mediante Resolución do 27 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, autorízanse as instalacións electromecánicas, apróbase o proxecto de execución, recoñécese a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e declárase a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de referencia, promovido por Enel Green Power España, S.L. (antes Endesa Cogeneración e Renovables, S.A.).

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, cos cales non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 14 de decembro, no Concello do Vicedo, como punto de reunión para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación de conformidade co citado artigo.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

Accesos, vías interiores e canalizacións para cableaxe: a área a expropiar será unha franxa de 12 metros, en réxime de servidume, en que está incluída a vía coas súas respectivas cunetas e a gabia. Nos casos en que esta disposición non sexa posible e se deba proceder á instalación de gabias para cableaxe con trazado independente á das vías, procederase á expropiación dunha área en servidume de paso, cun ancho de 10 metros.

Cimentación de aeroxeradores: a área a expropiar, en réxime de pleno dominio, será de 15 metros por 15 metros.

Plataforma de montaxe de aeroxeradores: a área para expropiar, en réxime de pleno dominio, será de 50 por 32 metros cadrados.

Zona de voo do aeroxerador: a área a expropiar sera en réxime de servidume.

Subestación: a área a expropiar será en réxime de pleno dominio

Ocupación temporal: ocupación temporal por obras dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, e poden acompañarse dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, con gastos á súa custa.

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa)

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, en que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio, Enel Green Power España, S.L. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 23 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos

Nº polígono

Nº parcela catastro

Nº de predio en plano

Propietario

Enderezo

Superficie m²

Clasificación

Paraxe

Pleno dominio

Servidumes

Ocupación temporal

Zapatas

Plataforma

Vías

Voo

Prot. eólica

Gabias

117

96

1

Higinio García Trigo

Penido, nº 1, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

256,00

Monte baixo

Carranco do Penido

118

418

2

José Prieto Vale

Freixeiro, nº 12, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

189,00

Monte baixo

Cruz da Lousa

118

264

3

Higinio García Trigo

Penido, nº 1, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

2.190,00

943,00

Monte baixo

Cruce da Portapena

118

302

4

Francisco Prieto Cribeiro

A Troya, Cabanas, O Vicedo, Lugo

400,00

4.400,00

11.935,00

3.029,00

45.564,00

1.593,00

Monte baixo

Veiga da Troita

Francisco Prieto Vale

Penido, nº 4, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

Dolores Prieto Vale

Rúa Santo Albites, nº 15, Viveiro, 27850 Lugo

José Prieto Vale

Freixeiro, nº 12, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

118

301

5

Manuel Fernández Bermúdez

Rúa Sapporo, nº 5, 1º B,
28923 Alcorcón, Madrid

1.378,00

760,00

323,00

13.352,00

Monte alto

Veiga da Troita

118

263

6

6

Francisco Prieto Vale

Penido, nº 4, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

400,00

3.271,00

4.020,00

2.100,00

32.188,00

Monte baixo

Carranco do Penido

Lucía Prieto Fraga

Rúa Cruz, nº 36, Cobas,
27850 Viveiro, Lugo

118

285

7

Francisco Prieto Vale

Penido, nº 4, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

948,00

Monte baixo

Carranco do Penido

Néstor Bouza Fraga

Avda. Cantarrana, nº 21, 4º A, 27850 Viveiro, Lugo

Consolación Rodríguez Bouza

Rúa Zaragoza, nº 1, escaleira dereita, baixo B, 28830 San Fernando de Henares, Madrid

118

270

9

Ramón Fernández Parapar

Reyes, nº 4, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

2.544,00

6.378,00

Monte baixo

Carranco do Penido

118

287

10

José Rivera Trigo

Laguela, s/n, Cabanas, O Vicedo, Lugo

400,00

2.782,00

3.372,00

31.539,00

25,00

Monte baixo
Pasteiro

Veigas de Languela

118

266

11

Higinio García Trigo

Penido, nº 1, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

400,00

2.961,00

4.141,00

2.291,00

25.606,00

16,00

Monte baixo

Pena da Armada

118

271

12

Higinio García Trigo

Penido, nº 1, Cabanas, O Vicedo, 27868 Lugo

61,00

Monte baixo

Pena da Armada

118

45

13

Consolación Rodríguez Bouza

Rúa Zaragoza, nº 1, escaleira dereita, baixo B, 28830 San Fernando de Henares, Madrid

366,00

Monte baixo

Pena da Armada

Néstor Bouza Fraga

Avda. Cantarrana, nº 21, 4º A, 27850 Viveiro, Lugo

118

297

15

José Rivera Trigo

Laguela, s/n, Cabanas, O Vicedo, Lugo

473,00

9.713,00

Monte baixo
Pasteiro

Veigas de Languela