Expediente: IN407A 2017/154-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT, CT e RBT lugar de Daneiro.
Concello: Zas.
Características técnicas:
LMTS a 20 kV, de 175 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na pasaxe A/S proxectado no apoio nº 116-B-8 existente de tipo HV-14/1000 da liña CBA-810, no tramo da derivada ao CT Daneiro (expediente 50.520) que se vai retirar, e final no novo CT Daneiro proxectado. Retirada de LMTA a 20 kV, de 121 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº 116-B-8 existente e final no novo CT Daneiro proxectado.
Novo CT Daneiro compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Retirada do CTI Daneiro de 250 kVA existente.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 24 de outubro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña