Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2017/569-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT GON815 e CT Cruceiro-Baíña.

Situación: Baiona.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 85 metros de lonxitude, con orixe nun apoio existente da LMT GON815 e final no apoio proxectado C-2000-12, no cal se fai un paso aéreo subterráneo. Desde este a liña continúa subterránea, con condutor RHZ, 70 metros, e finaliza no centro de transformación proxectado Cruceiro-Baíña. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado no Cruceiro, Baíña, concello de Baiona.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de novembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Finca 1. Municipio: Baiona; lugar: Cruceiro; titular: Fermín Peralba Pousa e Josefa Penedo Carrizo; afección: 16,81 m2 de solo para o centro de transformación e 7,64 m2 para liña subterránea.

Finca 2. Municipio: Baiona; paraxe: Barreira; titular: Teresa Rodríguez Penedo; afección: 2,1 m2 de solo para o apoio nº 1 e 85 metros de liña aérea con 148,9 m2 de voo.