Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de resolución da Alcaldía e de acordo da Xunta de Goberno Local referentes á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP de Lugo núm. 246, do 26 de outubro de 2017 e o núm. 266, do 20 de novembro de 2017 publicáronse as bases que regulan o proceso selectivo e a súa corrección de erros que rexen a convocatoria para prover:

Dúas prazas de policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase escala básica, categoría policía local, subgrupo C1, mediante oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Monforte de Lemos, 20 de novembro de 2017

José Tomé Roca
Alcalde