Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO rectificativo de modificación do anuncio (expediente As-81/2017).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde responsable de Medio Ambiente, con data do 25 de outubro de 2017, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación do control de calidade para seguimento dos indicadores que determinan o estado de conservación e mantemento do vertedoiro de Bens (expediente As-81/2017), modifícase o anuncio publicado nese DOG con data do 20 de setembro de 2017, número 179, páxina 42988, coa consecuente aprobación do novo prego rectificado.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social