Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense (expediente 2016011234).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 6 de outubro do ano 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

4.6. Modificación puntual do PEPRI do núcleo histórico para permitir a execución do proxecto do Museo Arqueolóxico. Aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do PEPRI do núcleo histórico de Ourense para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense, redactada por Alejandro Virseda Aizpún, Ignacio Vila Almazán, José Jaraíz Pérez e Arbau Arquitectos, S.L.P. UTE, de acordo co documento de aprobación definitiva (DAD), presentado o 14 de setembro de 2017, que recolle as correccións exixidas no informe preceptivo previo a esta aprobación pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

Os enderezos electrónicos en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público serán www.ourense.gal/urbanismo e www.planeamentourbanistico.xunta.es

Con data 30 de outubro de 2017 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a súa inscripción no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Ourense, 31 de outubro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente