Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de novembro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02656-O-2017 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02656-O-2017 e sete máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 3 de novembro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02656-O-2017

1928-GZB

Irene Caicedo Navarro

X6504749G

Non expoñer ao público os cadros de prezos autorizados ou telos en lugares non visibles.

6.7.2017; 6.42; AC-305; 25,3

Artigo 62.l) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 €

XC-02657-O-2017

1928-GZB

Irene Caicedo Navarro

X6504749G

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.

6.7.2017; 6.41; AC-305; 25,3

Artigo 61.c) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

401 €

XC-02658-O-2017

1928-GZB

Irene Caicedo Navarro

X6504749G

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.

6.7.2017; 7.59; AC-305; 25,3

Artigo 61.c) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

401 €

XC-02660-O-2017

0146-FXS

Lino Guillermo Pampín Cao

33209905K

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo, sempre que se dispoña dela (taxi).

5.7.2017; 11.07; AC-841; 2,2

Artigo 62.d) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 €

XC-02701-S-2017

2866FVW

Autos Driver Santiago, S.L.

B70433982

O arrendamento de vehículos con condutor incumprindo as obrigas de contratación establecidas nesta lei e nas súas disposicións de desenvolvemento ou a recollida de clientes que non contratasen previamente o servizo de conformidade co establecido na normativa reguladora.

5.7.2017; 9.05;

Artigo 60.j) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

2.001 €

XC-02745-S-2017

6636HJM

Manuel Vieites López

76355126W

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor sen os preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

12.7.2017; 9.45

Artigo 60.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

2.001 €

XC-02749-O-2017

0157-HHT

Hostelizate 2016, S.L.

B27475011

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor sen os preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

10.7.2017; 15.52; N-547; 49,5

Artigo 60.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

2.001 €

XC-02814-O-2017

2020JFB

Rogelio Louzao Montenegro

33832735B

Carecer dos extintores que resultan obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

18.7.2017; 16.26; N-547; 46,5

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 €