Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 243/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 243/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Caamaño Romar contra E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 387/2017, de data 7 de setembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 1197/2013 a favor da parte executante, Luis Caamaño Romar, fronte a E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 5.810,92 euros en concepto de principal (4.165,46 euros en concepto de salarios; 1.645,46 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 581,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017.

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada E.S.A. Ulla-Salnés, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 5.810,92 euros en concepto de principal (4.165,46 euros en concepto de salarios; 1.645,46 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 581,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0243 17), con apercibimento de que, no caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a E.S.A. Ulla-Salnés, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título. Apercíbeselle que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza