Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 182/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña García Melchor contra Mami Plus, S.L., Fogasa, foi ditada a seguinte resolución:
«Por presentado o anterior escrito da parte executante, únese ás actuacións e, visto o seu contido, acordo citar as partes a comparecencia (art. 240 da LRXS), e fixo o próximo día 16 de xaneiro de 2018 ás 13.00 horas para a súa celebración.
Sirva como citación en forma a notificación ás partes da presente dilixencia, que deberán comparecer cos medios de proba de que se tenten valer.»
E para que sirva de citación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017
A letrada da Administración de xustiza