Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2017/140-1).

Nº de expediente: IN407A 2017/140-1.

Solicitante: Sucesores de M. Leira, S.L.

Denominación: LMTS CT Os Castaños-CT Pinamar e CT Pinamar.

Concello: Cabanas.

Características técnicas

CTC Pinamar: centro de transformación interior prefabricado CT Pinamar, que inclúe dúas celas de entrada/saída de liña motorizadas e unha cela de protección para un transformador de 400 kVA, a fin de subministrar os servizos auxiliares do edificio e a conexión de rede de baixa tensión de distribución, no lugar dos Castaños, no concello de Cabanas.

Liña soterrada, a 15 kV en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1x240) mm2 AI, dunha lonxitude de 55 metros, con orixe na cela de liña do centro de transformación CT Os Castaños e final na cela de liña do CT Pinamar.

CTC Os Castaños: montaxe de 1 cela de entrada/saída de liña motorizada.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe Territorial da Coruña