Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2017/63-2, 8535 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT soterrada Barreiros, CT Vila e RBT soterrada para alimentar o edificio de Building Center, S.A.U.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 1.555 m, con orixe nunha arqueta existente da LMT Barreiros, condutor tipo RHZ1 240, pasando polo CT Vila proxectado e final no CT File.

2. Centro de transformación non prefabricado en planta baixa do edificio situado na rúa Vila, 23 (Barreiros), cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión soterrada, con orixe en CT Vila proxectado, condutor tipo RV 240 e RV 95, e final nos CGP do edificio Building Center, S.A.U.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 31 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo