Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LMTS, CT e RBTS Valga.
Situación: concello de Barreiros.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 120 m con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RHZ1 240 e final no apoio P-46 existente da LMT Ribadeo 1.
2. Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
3. Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RV 240, con 4 circuítos (3 enlazan coas redes de baixa tensión existentes e outro CGP AV.08-400A) e final en diferentes clientes.
4. Desmóntanse 120 m de condutor existente entre a arqueta nº 1 e o apoio P-46 (4BF03717), dos cales 10 m se desprazan enlazando co centro de transformación proxectado.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 31 de outubro de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo