Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a aprobación do paso a concesión de explotación derivada da sección C) denominada Faro, número 4615.4, en Melón.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas aprobou a Minera de Rocas, S.L. o paso a concesión de explotación derivada da sección C) do permiso de investigación que a seguir se describe:

Nome: Faro.

Número de expediente: 4615.4.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Melón.

Titular: Minera de Rocas, S.L.

Superficie: dúas cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 2 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense