Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53408

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 13 de novembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I).

A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I) (Diario Oficial de Galicia nº 97, do 23 de maio), establece no seu artigo 4 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2017.

Así mesmo, establece no seu artigo 4.3 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR807I) (Diario Oficial de Galicia nº 97, do 23 de maio), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017:

09.40.322C 470.5, no código de proxecto 2016 00 317, na contía de 300.000,00 €.

Artigo segundo

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria