En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo realizar o pagamento mediante transferencia bancaria dos prezos xustos de xurado e xuros de demora e as persoas interesadas deberán achegar no prazo de quince (15) días un certificado orixinal da titularidade da conta bancaria en que figure o número de conta (IBAN) e o conxunto de todos os titulares do terreo expropiado.
No suposto de non terse xuntado, procederase á consignación do importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.
Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.
Ourense, 7 de novembro de 2017
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense