Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do tramo de concentración de accidentes na estrada AC-550, punto quilométrico 80+400, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/17/092.06).

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-550, p.q. 80+400, de clave AC/17/092.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada AC-550, pertencente á rede primaria básica de estradas de Galicia, na contorna do p.q. 80+400 da dita estrada, no núcleo de Portosín, pertencente ao Concello de Porto do Son.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha glorieta no p.q. 80+400 co cruzamento da travesía da Igrexa, transformando a intersección a nivel existente, de notable accidentalidade, nunha glorieta coas características axeitadas, así como a urbanización da zona comprendida entre a traza da estrada actual e o antigo trazado da AC-550 (espazo funcional da estrada).

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Creación dunha glorieta no cruzamento da avenida da Constitución coa travesía da Igrexa.

– Rehabilitación do camiño da igrexa de San Sadurniño de Goiáns e urbanización da contorna creando zonas de aparcamento.

– Proxéctase unha pasarela peonil en madeira, para garantir a permeabilidade de paso entre a contorna da igrexa e o aparcadoiro.

– Rehabilitación da canalización do rego da igrexa.

– Ampliación da plataforma no tronco, glorieta e no camiño da igrexa.

– Pavimentación con capa de rodadura.

– Sinalización, balizamento e defensas.

– Mellora, limpeza e adecuación da drenaxe.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo Provincial da Coruña (r/ Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Porto do Son (rúa Atalaia, 15970 Porto do Son-A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020:

MSV no contorno de TCA na estrada AC-550 p.q. 80+400.

Clave: AC/17/092.06.

Concello de Porto do Son.

Referencia catastral

Titular

Uso

Superficie (m2)

Polígono

Parcela

Tipo de afección

Bens afectados

1

4643220NH0344S0000JY

Concello de Porto do Son

UR-solo sen edificar

1.924,00

4643

220

Cesión

31 m valado de arame

11 ud. árbores

2

001000800NH03C0001HA

Arcebispado de Santiago de Compostela

UR-edificación singular

   592,00

Expropiación

4 ud. árbores