Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 169/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio García Couselo contra Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a Juan Antonio García Couselo con Nogasa Servicios y Obras, S.A. e condeno a Nogasa Servicios y Obras, S.A. a lle aboar a Juan Antonio García Couselo a suma de 9.045,28 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 38.392,64 euros en concepto de salarios de tramitación devindicados desde a data de efectividade do despedimento ata a presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Nogasa Servicios y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza