Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 148/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 148/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Suárez contra Iván Suárez Cacho e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Acordo declarar o executado Iván Suárez Cacho en situación de insolvencia total por importe de 3.904,67 euros en concepto de principal, máis outros 390,46 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva para os efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza