Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 215/2017 interposto por María Rita García Palleiro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, o Oficio do 3 de xullo de 2017 polo que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que poidan resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.O. 215/2017, interposto por María Rita García Palleiro contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública