Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, pola que se fai pública a cancelación da inscrición da sociedade Técnica Ofigestión, S.L. como axencia de seguros vinculada e a exclusión do Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na letra b) do artigo 53.1 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como axencia de seguros vinculada e, por conseguinte, excluír do citado rexistro de mediadores autonómico a sociedade Técnica Ofigestión, S.L.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral polo incumprimento dos requisitos establecidos para que a sociedade poida figurar inscrita no rexistro administrativo, ao non acreditar o exixido no artigo 21 da Lei 26/2006 para manter a inscrición, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 56.1.c) da Lei 26/2006 e no artigo 12.2 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

ANEXO

Clave do rexistro: AJ0010XG.

CIF: B36549640.

Denominación social: Técnica Ofigestión, S.L.

Localidade: A Estrada (Pontevedra).

Data da resolución: 31.8.2017.