Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de reposición da legalidade urbanística no ámbito da zona MI da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves, no concello das Neves, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (clave 2016/0204).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 10 de outubro de 2017, do proxecto de reposición da legalidade urbanística no ámbito da zona MI da Plisan, no concello das Neves (Pontevedra), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático