Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (160/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 160/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Carneiro Aguiar contra José Manuel Sande Peón, Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que admitindo a demanda formulada por Pablo Carneiro Aguiar contra Manuel Sande Peón declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a demandada a que lle aboe a cantidade de 1.987,45 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 42,51 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 2 de febreiro de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 11.137,62 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Sande Peón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza