Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (471/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 471/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isaac Seijo Dopazo contra Fogasa e Falcon Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Na Coruña o 19 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 471/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Isaac Seijo Dopazo, asistido do letrado Antonio Pousa Merens, contra Falcon Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade co seguinte:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Isaac Seijo Dopazo e condeno a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.871,69 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza