Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (462/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 462/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estrela Ois Mella contra Mianka Tintorerías, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 562/17

A Coruña, 18 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 462/15 seguidos ante este xulgado por instancia de Estrella Ois Mella, representada polo letrado Sergio Fraga Mandian, contra Mianka Tintorerías, S.L. e contra o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Estrella Ois Mella e condeno a empresa Mianka Tintorerías, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 16.107,64 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mianka Tintorerías, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza