Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52477

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 15 de xullo.

Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polos interesados.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, na sesión que tivo lugar o 24 de outubro do presente ano a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, acordou elevar ao titular da dirección xeral as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.

No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluído non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a cabo as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/

Escala

Denominacion

A1

2060

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

A1

2061

Escala de arquitectos/as.

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría Agronómica.

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría Industrial.

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Minas.

A1

2067

Escala de veterinarios.

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de Bioloxía.

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de Química.

A1

2072

Escala de arqueólogos/as.

A1

206K

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos.

A1

206L

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas.

A1

206M

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Museos.

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Telecomunicacións.

A1

2086

Escala superior de finanzas.

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola.

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Navegación Marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Pesca Marítima.

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Comunicacións.

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos Sanitarios.

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Formación e Orientación Laboral.

A2

2051

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica Forestal.

A2

205F

Escala técnica de finanzas.

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática.

A2

206I

Escala de inspección turística.

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Erquivos.

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas.

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo.

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos/as.

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica de Obras Públicas.

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Industrial.

A2

2076

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Topografía.

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica Agrícola.

A2

2085

Escala técnica de estatísticos/as.

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática.

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais a extinguir.

C1

2081

Escala de delineantes a extinguir.

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

2055

Agrupación profesional.

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a.

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a.

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior).

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a.

I

023

Documentalista.

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do Igaem.

I

030

Relacións públicas do Igaem.

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional.

I

032

Técnico/a superior en centros de arte.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

008

Director/a de gardaría infantil.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio).

II

031

Restaurador/a.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

038

Perito-xudicial diplomado/a.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do Igaem. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos,encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

012

Mestre/a de taller.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

017

Analista de laboratorio.

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada.

III

040

Axudante/a de produción.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

064

Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz.

III

068

Oficial 1ª agrario, capataz agrario.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras.

III

090

Animador/a sociocultural.

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores).

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a.

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2ª mantemento.

IV

009

Oficial 2ª agrario/a.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

031

Legoeiro/a.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

036

Auxiliar de museos.

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado.

V

008

Peón/oa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10D

Socorrista.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/oa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais.

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais.

missing image file
missing image file