Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52476

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 8 de novembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 (DOG núm. 231, do 2 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do quinto exercicio o aspirante que, de acordo co disposto na base II.1.1.5 da convocatoria, non presentou a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde de 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo): Ángel de Jesús Pérez Lago (DNI 36051889X).

Segundo. Que o quinto exercicio da fase de oposición terá lugar o día 27 de novembro de 2017 e que o lugar de realización será a Sala Manuel Colmeiro da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

O aspirante deberá ir provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal