Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DH.D36.16465).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Elisa Santorum Calo a Resolución do 8 de setembro de 2017 pola que se impón unha primeira multa coercitiva e se reitera o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, ante o director de Augas de Galicia. No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

O importe da multa coercitiva deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, de recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia