Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017 polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DH.D15.55512).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Pleycor Coruña, S.L. a Resolución do 4 de outubro de 2017 ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.55512.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia