Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (33/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de dereitos fundamentais 33/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Varela Prado contra Segur Ibérica, S.A., Administración concursal de Segur Ibérica, S.A., Fogasa sobre tutela dos dereitos fundamentais, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 459/17

A Coruña, 5 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos nº 33/2017 seguidos ante este xulgado por instancia de María Dolores Varela Prado, asistida da letrada María Jesús Dubra Rey, contra Segur Ibérica, S.A. e a súa administración concursal, que non comparecen, con intervención do Ministerio Fiscal, representado por Luis Vázquez, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Jesús Dubra Rey e condeno a empresa Segur Ibérica, S.A. a cesar na súa conduta vulneradora de dereitos fundamentais debendo proporcionar á demandante ocupación efectiva nos servizos en que dispón.

Condénase a administración concursal da empresa a aterse a esta declaración no límite da súa responsabilidade legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza