Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 244/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Montemuro Ibérica, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva achégase:

Procedemento ordinario nº 244/2015.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017.

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 244/2015 seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, asistida da letrada Sra. Marón Fernández; contra a entidade Montemuro Ibérica, S.L., e Fogasa; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes;

Parte dispositiva:

Que considerando integramente a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción, contra a entidade Montemuro Ibérica, S.L., e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 386,80 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 LRXS).

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montemuro Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza