Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (493/2015).

PO procedemento ordinario 493/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Arturo Moares Fraga

Avogado: Javier García Vidal

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Fide Montajes, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 493/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo Moares Fraga contra Fide Montajes, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 493/2015 nos cales son partes, como demandantes, Arturo Moares Fraga, asistido pola letrada Sra. Leis Puñal e, como demandados, Fide Montajes, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do Rei, con base nos seguintes [...]

Decido:

Estimar parcialmente a demanda interposta por Arturo Moares Fraga contra Fide Montajes, S.L. e, en consecuencia, condenar a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.710,64 euros, máis o 10 % de xuro.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fide Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza