Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51685

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017 pola que se nomean funcionarios/as de carreira das escalas de técnico especialista e técnico auxiliar, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala técnica de especialista, subescalas: condutor, correos, mariñeiro e socorrista, e na escala técnica auxiliar: subescala de telefonista, da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 31 de agosto de 2016 (DOG do 23 de setembro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos referidos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña, subescalas: condutor, correos, mariñeiro e socorrista, así como da escala técnica auxiliar: subescala de telefonista, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de outubro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

– Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña (subescala condutor).

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

33996531R

Fanego

Pereira

Alberto

77,63

2

32829616Z

Costa

Fernández

Manuel

73,45

– Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña (subescala correos).

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

32769114W

Moar

Calviño

Ramiro

78,08

– Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña (subescala mariñeiro).

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

32837841M

Alonso

Estévez

Juan Pedro

56,29

– Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña (subescala socorrista).

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

32804346K

Saavedra

García

Rafael Antonio

81,09

2

32829514G

Torreiro

Vázquez

Jacobo

71,08

– Escala técnica auxiliar da Universidade da Coruña (subescala telefonista).

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

33273141F

Iglesias

Sánchez

Silvia

95,95

2

76779171L

Burés

Miguéns

Ana Rosa

89,93

3

32428980S

González

Pose

Julia

83,76

4

32424629B

Rey

Souto

Teresa

82,55

5

02850178H

Barreiro

González

María José

73,95

6

32759551F

Álvarez

López

María Luz

71,95

7

76337115T

Padín

García

María Josefa

67,82

8

32637646W

Ariza

Vidal

Carmen

66,00