Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51688

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2969/2017-CON).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2969/2017-CON desta sección, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Fogasa, Froitas Rías Baixas, S.L., Tomate Más Fruta, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso de suplicación formulado por María Flora contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, con data do 28.11.2016, ditada nos autos de despedimento número 437/2016 seguidos por instancia da recorrente, fronte á empresa Tomate Más Fruta, S.L., Natalia Torrado Viturro, Froitas Rías Baixas, S.L. e o Fogasa, en consecuencia, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e, estimando en parte a demanda orixe de autos, debemos declarar a improcedencia do despedimento levado a cabo o día 15.5.2016, condenando a empresa demandada ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde esta data ata o 16.3.2017, descontando os períodos de baixa por incapacidade temporal.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Froitas Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 13 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza