Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51692

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2259/2017).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2259/2017 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Magariños Fernández contra o Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesorería General de la Seguridad Social, Hermanos Alvarado Sampayo, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre incapacidade permanente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que con desestimación do recurso interposto por José Antonio Magariños Fernández, confirmamos a sentenza que con data do 20.3.2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á Mutua Galega e á empresa Hermanos Alvarado Sampayo, S.A.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Alvarado Sampayo, S.L., con ultimo domicilio coñecido en r/ Travesía de Vigo, 91, 8º, 36206 Vigo, Pontevedra, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza