Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (219/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 219/2015 por instancia da demandante Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Galdiano, S.A., Trabajos Especiales Zut, S.A. UTE, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 10.10.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Construcciones Galdiano, S.A., Trabajos Especiales Zut, S.A. UTE, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Construcciones Galdiano, S.A., Trabajos Especiales Zut, S.A. UTE a aboar á Fundación Laboral de laa Construcción a cantidade de setecentos dezaseis euros con oitenta e sete céntimos de euro (716,87 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Galdiano, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A secretaria xudicial