Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 27 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2008/0004-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Expediente: RL 2008/0004-4.

Acta: 1395/2007.

Empresa: Aliapax Construçoes Unipersonal Limitada.

DNI/NIF: 507794567.

Enderezo: Fernao Magalhaes, Paranhos; Portugal.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo cal se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e artigo 14.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 9.b) do anexo IV, parte C, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo cal se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 39.3.c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo cal se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25.9.2017.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción 1395/2007 e proceder ao arquivamento do expediente.

Vigo, 27 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra