Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediente IN407A 2017/24-2, 8492 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT e CS Gal. Agrícola (Pol. Sigalsa-Rábade).

Situación: concello de Rábade.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 18 m con orixe no CS Gal. Agrícola, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con 2 tubos de 160 mm e un de 63 mm de diámetro, e final conversión apoio existente HV 14-400 LMTA TC Clesa.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 13 m con orixe no CS Gal. Agrícola, condutor tipo RHZ1, e final no CT Gal. Agrícola. Proxéctase desprazar o condutor RHZ1 95 da liña soterrada existente, retirando da conversión existente e instalando na nova canalización proxectada, ata o centro de seccionamento proxectado, desmontando o tramo sobrante.

3. Liña de media tensión enterrada a 20 kV cunha lonxitude de 52 m con orixe no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1 e final no CS Matadoiro.

4. Desprazar o condutor da liña de media tensión soterrada CS Sariego-CS Matadoiro existente, desde a arqueta C e o CS Matadoiro, quitando as puntas deste último e conectando no CS proyectado.

5. Centro de seccionamento en edificio prefabricado de superficie, con dúas celas de liña e dúas de protección de tipo modulares.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG nº 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG nº 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG nº 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 19 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo