Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51675

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017 pola que se adxudican as axudas para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 26 de maio de 2017.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 26 de maio de 2017 (DOG nº 108, do 8 de xuño) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2017.

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poder optar ás axudas.

A comisión de valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, reunida o 5 de outubro de 2017, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos expertos, ata o esgotamento do crédito previsto na convocatoria.

Así mesmo, a comisión de valoración propuxo unha lista de suplentes coas solicitudes para as cales non se dispón de crédito para o seu financiamento, pero que acadaron unha puntuación igual ou superior a 60 puntos, e a denegación das solicitudes que non acadaron unha puntuación mínima de 60 puntos, conforme o disposto no artigo 16 das bases reguladoras.

No artigo 19 da convocatoria regúlanse a resolución e a notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 16 e 17.

De acordo con isto,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas para a creación, posta en marcha e consolidación das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo I a esta resolución, por orde decrecente de puntuación ata o esgotamento do crédito dispoñible na convocatoria, por un importe total de 5.000.000,00 euros, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Total (€)

09.A3.561A.781.0

347.038,04

1.512.867,74

1.199.743,42

901.207,94

3.960.857,14

09.A3.561A.743.0

76.961,96

412.132,26

300.256,58

249.792,06

1.039.142,86

Total

424.000,00

1.925.000,00

1.500.000,00

1.151.000,00

5.000.000,00

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1: «Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade», prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes». Obxectivo específico 1.2.3: «Fomento e xeración de coñecemento de fronteira, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, tecnoloxías facilitadoras esenciais e coñecemento orientado aos retos da sociedade» e actuación 1.2.3.2: «Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i».

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 26 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 25 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo (modificado pola Resolución do 19 de outubro de 2017, publicada no DOG nº 204, do 26 de outubro).

2. Establecer a lista de suplentes que figura como anexo II a esta resolución coas solicitudes que obtiveron unha puntuación inferior á das solicitudes do anexo I e igual ou superior a 60 puntos e que non poden ser financiadas por terse agotado os créditos dispoñibles na convocatoria.

3. Denegar as axudas solicitadas que se relacionan a continuación por non ter acadado a puntuación mínima de 60 puntos establecida na convocatoria para ser financiables.

Nº de expediente

Modalidade

Representante UMI solicitante

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

IN853A-2017/02

Consolidación UMI

Cetaqua Galicia

G70312020

Cetaqua Galicia

Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

CIGAT PLUS

IN853A-2017/07

Nova UMI

USC

Q1518001A

USC

Lácteos Industriales Agrupados, S.A.

Unidade de novos procesos, innovación e valorización de compoñentes lácteos (Unpivacol)

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I
Solicitudes concedidas

Nº de expediente

Modalidade

Representante UMI

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

% axuda

Feder

Orzamento

subvencionable Subvención

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Total (€)

Aplicación

orzamentaria

IN853A-2017/6

Consolidación UMI

Universidade de Santiago de Compostela

Q1518001A

USC
Laboratorios del Dr. Esteve, S.A.

Unidade mixta de I+D USC-Esteve para o descubrimento temperá de fármacos (consolidación)

30 %

Si

Orzamento total

256.539,85

1.373.774,21

1.000.855,25

832.640,21

3.463.809,52

09.A3.561A.743.0

Subvención

76.961,96

412.132,26

300.256,58

249.792,06

1.039.142,86

IN853A-2017/9

Nova UMI

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

G15305923

ITG
Star Defence Logistics & Engineering, S.L.

Fastfly-Full autonomus systems for UAS

30 %

Si

Orzamento total

210.000,00

829.416,18

604.266,36

405.111,62

2.048.794,16

09.A3.561A.781.0

Subvención

63.000,00

248.824,85

181.279,91

121.533,49

614.638,25

IN853A-2017/13

Nova UMI

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

Gradiant
Telefónica Digital España, S.L.U.

IRMAS: Information Right Management Advanced Systems

30 %

Si

Orzamento total

240.000,00

954.103,88

611.556,96

456.357,16

2.262.018,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

72.000,00

286.231,16

183.467,09

136.907,15

678.605,40

IN853A-2017/15

Nova UMI

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico Aimen

G36606291

Aimen
Centro Tecnológico del Grupo Coppo, S.L.U.
Grupo Empresarial Copo, S.A.

Dixitalización dos procesos de fabricación de espumas de automoción-DIGI4AUT

30 %

Si

Orzamento total

311.301,74

1.634.791,32

1.282.971,32

850.935,62

4.080.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

93.390,52

490.437,40

384.891,40

255.280,68

1.224.000,00

IN853A-2017/11

Consolidación UMI

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico Aimen

G36606291

Aimen
Wartsila Ibérica, S.A.

Consolidación UMI Aimen-Wartsila. Desenvolvemento dunha nova xeración de compoñentes navais para a liña de eixos de buques. Next Bearings

30 %

Si

Orzamento total

351.301,74

1.021.744,57

831.960,93

594.992,76

2.800.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

105.390,52

306.523,37

249.588,28

178.497,83

840.000,00

IN853A-2017/10

Consolidación UMI

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico Aimen

G36606291

Aimen
GKN Driveline Vigo, S.A.

Consolidación UMI Aimen-GKN Driveline. Fabricación sustentable de alto rendemento de novos compoñentes de transmisións

30 %

Si

Orzamento total

44.190,00

602.836,51

668.389,18

696.629,30

2.012.044,99

09.A3.561A.781.0

Subvención

13.257,00

180.850,96

200.516,74

208.988,79

603.613,49

ANEXO II
Lista de suplentes

Nº de expediente

Modalidade

Representante UMI

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

% axuda

Feder

Orzamento

subvencionable
Subvención

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Total (€)

Aplicación

orzamentaria

IN853A-2017/4

Consolidación UMI

Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial

S1500111H

Itmati
Repsol, S.A.

Consolidación unidade mixta de investigación Repsol-ITMATI (UMI Respol-Itmati)

30 %

Si

Orzamento total

4.526,50

661.158,64

681.123,62

673.191,24

2.020.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

1.357,95

198.347,59

204.337,09

201.957,37

606.000,00

IN853A-2017/12

Consolidación UMI

Fundación CTAG

G36871424

CTAG
Viza Automoción, S.A.

Consolidación UMI-VIZA-CTAG

30 %

Si

Orzamento total

198.200,00

741.000,00

655.400,00

605.400,00

2.200.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

59.460,00

222.300,00

196.620,00

181.620,00

660.000,00

IN853A-2017/1

Consolidación UMI

Universidade da Coruña

Q6550005J

UDC
Navantia, S.A.

UMI UDC-Navantia «O estaleiro do futuro»

30 %

Si

Orzamento total

5.000,00

268.570,00

1.047.884,00

1.011.879,00

2.333.333,00

09.A3.561A.743.0

Subvención

1.500,00

80.571,00

314.365,20

303.563,70

699.999,90

IN853A-2017/5

Nova UMI

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

G70302427

Cetim
Creaciones Aromáticas, S.A.-Carinsa

Crece+: investigación en proteínas e principios activos provenientes de fontes mariñas para a súa aplicación en alimentación e cosmética que melloren o benestar xeral da poboación

30 %

Si

Orzamento total

22.707,10

550.447,03

691.186,12

836.378,63

2.100.718,88

09.A3.561A.781.0

Subvención

6.812,13

165.134,11

207.355,84

250.913,59

630.215,66

IN853A-2017/3

Nova UMI

Asociación Nacional de Fabricantes Conservas Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca

G36625309

Anfaco-Cecopesca
Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

Unidade Mixta Anfaco-Albo «Econserva»

30 %

Si

Orzamento total

3.000,00

796.532,85

826.161,43

741.611,43

2.367.305,71

09.A3.561A.781.0

Subvención

900,00

238.959,86

247.848,43

222.483,43

710.191,71

IN853A-2017/14

Nova UMI

Fundación CTAG

G36871424

CTAG
VMS Automotive, S.L.

Unidade mixta de investigación VMS-CTAG

30 %

Si

Orzamento total

112.125,79

1.196.235,86

714.829,60

231.172,50

2.254.363,75

09.A3.561A.781.0

Subvención

33.637,74

358.870,76

214.448,88

69.351,75

676.309,13