Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de outubro de 2017, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se sinala data para o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e de reforma na intersección na AC-840 (punto quilométrico 20+190 ao punto quilométrico 21+910), clave AC/15/066.06, no concello de Curtis.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Curtis, con motivo das obras de proxecto de construción do itinerario peonil e de reforma na intersección na AC-840 (p.q. 20+190 ao p.q. 21+910), clave AC/15/066.06, no termo municipal de Curtis, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Curtis.

Lugar: oficina municipal do recinto feiral (rúa Emilia Pardo Bazán, s/n).

Data: 12 de decembro de 2017.

Hora: das 9.30 ás 12.00 horas.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, intentada esta, non se puidese practicar.

A Coruña, 13 de outubro de 2017

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña