Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación (trámite de urxencia), para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, punto quilométrico 9+310-10+270, nos concellos de Cambados e Ribadumia (clave PO/16/062.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao programa 512-B, Construción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 20 de xullo de 2017, a Xunta de Galicia, declarou de utilidade pública e urxente ocupación os bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por medio do Decreto 85/2017, publicado no DOG núm. 169, do 6 de setembro de 2017.

Con data do 17 de xullo de 2017, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, aproba o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, punto quilométrico 9+310-10+270, nos concellos de Cambados e Ribadumia (clave: PO/16/062.06).

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para realizar o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: casa do Concello de Cambados.

Data: 30 de novembro de 2017.

Horario: das 9.30 horas ás 9.45 horas.

Concello de Cambados.

Lugar: casa do Concello de Ribadumia.

Data: 30 de novembro de 2017.

Horario: das 10.30 horas ás 12.00 horas.

De: Durán Vázquez, Mª Esther e herdeiros de Gerardo García Vázquez

A: Pérez Portas, Isabel.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Cambados e Ribadumia, respectivamente, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución. Poderán ir acompañados pola súa conta e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que as persoas interesadas poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 27 de outubro de 2017

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra